Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
De esquerda a dereita o presidente do CES de Galicia, o director xeral de Familia e o secretario xeral da UCGAL

UCGAL organiza a xornada "adiccións e xuventude" para analizar a realidade desta problemática.

O evento tivo lugar no Pazo de San Roque e contou coa colaboración do Consello Económico e Social de Galicia.

O día  19 de outubro UCGAL organizaou a Xornada "Adiccións e Xuventude" na que profesionais do eido sanitario, xurídico e académico abordaron o actual escenario das adiccións entre a xuventude.

A xornada foi presentada polo secretario xeral da UCGAL, Miguel López e o presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez Álvarez, que colaborou na organización. A clausura correo a cargo do director xeral de familia, infancia e dinamización demográgica, Jacobo Rey Sastre, quen agradeceu a UCGAL a organización desta xornada e a quen trasladou a súa petición para continuar desenvolvendo actividades desta natureza que dean visibilidade ás distintas realidades e problemáticas da nosa sociedade.

As adiccións: unha visión holística

O investigador en dereito e avogado, Miguel Vieito Villar, foi o encargado de impartir a conferencia de apertura, que baixo o título "Adiccións: unha visión holística" analizou esta realidade desde una perspectiva ampla e multisectorial pero sobre todo de forma accesible e moi humana. Vieito analizou as cifras das adiccións na xuventude, tanto as relativas a substancias como a tecnoloxías e puxo sobre a mesa algúns dos grandes fracasos neste eido, como o sistema PEGI de clasififacion de videoxogos. Vieito significou a estreita relación entre adiccións, violencia e capacidade económica e acceso a servizos. Criticou a enorme carencia de recursos especialmente no eido sanitario e na diagnose e tratamento axeitado das adiccións entre os máis novos.

Como, que e por que

José María Alén, Adolfo Piñón, Xoxé Antonio López Silva, Alexandre García Caballero e Isabel Calvete
Mesa: como, que e porque das adiccións na xuventude

Estas cuestións obtiveron resposta da man de expertos como o membro do equipo de inspección educativa da Xunta de Galicia, José María Alén de la Torre, o neuropsicólogo experto en conductas adictivas, Adolfo Piñón Blanco, o psiquiatra do Sergas, Alexandre García Caballero e a presidenta das ANPAS galegas, Isabel Calvete Carrera.

A acertada moderación da mesa correou a cargo de Xosé Antonio López Silva, catedrático de latín no IESP de Ames, investigador asociado na Universidade de Lisboa e coñecido divulgador cultural. 

Da investigación á acción: e agora que?

José Julio Fernández Rodríguez, Manuel Isorna Folgar, Antonio Rial Boubeta e Ignacio Guadix García
Mesa redonda: da investigación á acción: e agora que?

A segunda mesa, estivo dirixida a poñer sobre a mesa solucións reais e efectivas aínda que pequenas que permitan avanzar na loita contra una problemática que non para de medrar en todo o mundo e do que Galicia non é unha excepción. En particular se deron a coñecer estudos como o desenvolvido por UNICEF entre máis de 50.000 mozos ou proxectos normativos como os que se están a desenvolver tanto a nivel estatal como a nivel galego.

O catedrático de dereito consitucional da USC e ex Valedor do Pobo, José Julio Fernández, o profesor da UVigo experto en prevención de consumo del alcol e substancias na mocidade, Manuel Isorna e o responsable de educación e dereitos dixitais da infancia de UNICEF España, Ignacio Guadíx conformaron esta segunda mesa. A moderación correu a cargo do recoñecido experto en adiccións e profesor da USC, Antonio Rial Boubeta.

O equipo da UCGAL traballa na elaboración das conclusións da xornada e na edición da gravación do evento que en breve estará a dispor.